venres, 24 de maio de 2019

Día das Letras Galegas 2019

No noso cole celebramos o Día das Letras Galegas que é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares galegos, da nosa Rosalía de Castro.
Celebrámolo cantando e tocando, grazas á animación do alumnado de 5º EP, 1º EP e EI.
As nenas e nenos de 6º EP faláronnos da vida de Antón Fraguas, pois este ano o día das letras venlle
dedicado.
Cabe destacar que polo de agora, nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, tan só foron homenaxeadas 4 mulleres fronte a 55 homes. Esperamos que esta situación mude, posto que non dubidamos da valía de todas aquelas escritoras que polo de agora non foron recoñecidas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario