venres, 7 de xuño de 2019

PUBLICAMOS NO ENÓRMIC BANDA!



Os comics “A casa bonita” de Alicia Cores Iglesias (4º de EP) e “O Achado” de Manuel Santiago Míguez (3º de EP) foron seleccionados, conxuntamente con outros 23 traballos, para seren publicados na revista Enórmic Banda; polo que estes rapaces asistiron ao acto de presentación da publicación no IES Miguel Ángel González de Carril. Alí puideron coñecer persoalmente á artista Afra Torrado e escoitar a Antón Blanco que lles falou desde Barcelona.
Ao acto acudiron representantes dos numerosos centros da comarca que participaron nesta revista; institutos de Cambados, Vilanova de Arousa, Mosteiro-Meis, Barro e -como non- de Vilagarcía de Arousa.
Alicia e Manuel foron especialmente destacados neste acto, posto que foron os únicos de Educación Primaria que -este curso escolar- participaron na publicación. Dita revista se ven publicando desde o 1996, pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística dos Institutos do Salnés.
Moitas grazas a todas/os as/os que enviáche-los vosos cómics, eran realmente bos; mais por falta de espazo non puideron ser todos publicados.
Parabéns aos dous agraciados! Sodes uns artistas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario