mércores, 8 de xaneiro de 2020

Benvid@s un ano máis!

Dámosvos a benvida un ano máis ao blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Para comezar o ano, adicaremos a primeira entrada a Castelao, ilustre escritor galego ao que se lle adica o mes de xaneiro por ser o mes do seu nacemento e da súa morte. 
Aquí vos deixamos unha divertida viñeta das moitas que Castelao debuxou ao longo da súa vida. Xa que, como sabemos, ademais de escritor, Castelao foi debuxante, ensaísta, dramaturgo, médico e político galego.
Desexámosvos unha feliz entrada no novo ano que acabamos de comezar.