luns, 17 de maio de 2021

Letras Galegas 2021 - Xela Arias

 O equipo TIC elaborou un genially con xogos sobre a autora homenaxeada este ano. Pincha na seguinte imaxe para poder acceder a eles:




luns, 8 de marzo de 2021

 Día da muller traballadora -  Lara Torres


O alumnado de 2º de Primaria fíxolle unha entrevista  a unha artista que nos veu a pintar un mural ao colexio. A continuación ímosvos a contar un pouquiño sobre ela:

Lara Torres é de Rianxo, actualmente vive en Santiago de Compostela. Técnico superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso da Coruña e Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Dende sempre enfocou os seus estudos cara as ensinanzas artísticas intentando facer da súa paixón a súa profesión. 

Dende pequeniña debuxaba e debuxaba por todas partes incluso nas paredes da casa. En ningún momento abandonou a experimentación en canto a técnicas e modos de aplicar a pintura. Gústalle seguir aprendendo cada día. A miúdo, traballa con técnicas tradicionais pero sempre deixa lugar ás técnicas dixitais coas que tamén se sinte moi cómoda.



 Este é o resultado do mural que nos veu a pintar ao colexio, que vos parece? 

A nós encántanos!!!!!

Grazas Lara!!!

mércores, 24 de febreiro de 2021

A nosa Rosalía

 O alumnado de 5°B recitou o poema “Vin de Santiago a Padrón...” 

Vídeo recitado

 

Ademais, o alumnado de 1ºB preparou un póster cun reto... a ver se atopades as diferenzas!!!



martes, 15 de setembro de 2020



Benvidos e benvidas a este curso tan raro que nos toca vivir. Estamos seguros/as que todo sairá xenial! 


Pero... non vos esquezades de utilizar a vosa lingua tódolos días!


 

domingo, 17 de maio de 2020

Booktubers de Carril


Se non me falas, morro.

#LetrasGalegas2020

Debido á vosa grande participación, dividimos os vídeos en dous grupos. Moitas grazas a todos e todas por participar.









DÍA DAS LETRAS NO COLE

Tamén os alumnos e alumnas do cuarto de Rosalía celebran este día cun traballo sobre o léxico galego. Inés fixo a montaxe para Ameixa Radio e así de ben lles quedou.
Escoitade como soa!:
https://www.ivoox.com/traballo-do-lexico-4-b-audios-mp3_rf_50995611_1.html
Premede na imaxe

DÍA DAS LETRAS NO COLE

As profes de Infantil crearon para o seu alumnado, e  para toda a comunidade do cole de Carril, estes fantásticos vídeos sobre a biografía de Ricardo Carvalho Calero e tamén sobre un conto da súa autoría: "As pitas baixo a chuvia" .
Que o desfrutedes e feliz día das Letras!  
  

venres, 13 de marzo de 2020

Batucada pola igualdade

O pasado luns 9 de marzo fixemos no centro unha batucada pola igualdade. Con material de refugallo fixemos uns batuques e uns tambores e cantamos:


Deixa pasar, deixa pasar,

a igualdade vai gañar.


Alerta, alerta, alerta

que camiñen os batuques da igualdade

polas rúas de Carril.





Quero a igualdade para a 

humanidade!!


Non somos fadas nin princesas.





8 M -  Se nós paramos, o mundo para!


martes, 3 de marzo de 2020

Excursión ao Parlamento e á Xunta de Galiza


Hai uns días, os nenos e nenas de 5º de primaria, fomos a unha excursión ao Parlamento e á Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela.

Primeiro visitamos o Parlamento. Ao chegar alí, pasamos por un control na entrada para comprobar que non levábamos ningún obxecto perigoso. Na entrada do edificio tiñamos un guía que nos ía explicar todo. A primeira sala na que entramos, foi a sala de Xuras onde estaban os sete reinos de Galiza.


 

Tamén estivemos na biblioteca e fixemos un debate entre 5ºA e 5ºB.

A continuación fomos á sala das Letras Galegas onde vimos un pequeno debate na televisión. Por último visitamos o hemiciclo. Alí descubrimos que o teléfono do presidente é vermello mentres que o dos demais dos concelleiros/as era negro. Ademais as cadeiras dos membros do goberno son azuis mentres que as dos demais membros do hemiciclo son marróns.

Foi o lugar da visita que máis nos impresionou, é moi bonito!


Ao saír do Parlamento, déronnos de agasallo un libro. Logo trasladámonos ao edificio da Xunta de Galiza. Alí a guía explicounos un pouco da historia da Xunta.
Dentro do edificio, todas as paredes estaban feitas dun material semellante ao vidro.


Entramos nunha sala na que se decidía o diñeiro que se ía dar para cada consellería: sanidade, cultura, educación; e se debaten temas como por exemplo poñer robótica nos colexios.

A tecnoloxía era moi futurista: os ordenadores eran moi modernos, se os comparamos cos do noso colexio... lévannos como 100 anos de vantaxe!

Despois ensináronnos os xardíns que tiña o edificio. Pasamos por un corredor que tiña por todas partes cristal e podiamos ver as oficinas.

Para rematar a visita puxéronnos un vídeo dunha youtuber na sala onde o partido do goberno toma as decisións.


 


No autobús, de volta ao colexio, cantamos e pasámolo moi ben. A excursión foi xenial!

Alumnado de 5º