Hai
uns días, os nenos e nenas de 5º de primaria, fomos a unha excursión ao
Parlamento e á Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela.
Primeiro
visitamos o Parlamento. Ao chegar alí, pasamos por un control na
entrada para comprobar que non levábamos ningún obxecto perigoso.
Na entrada do edificio tiñamos un guía que nos ía explicar todo. A
primeira sala na que entramos, foi a sala de Xuras onde estaban os
sete reinos de Galiza.
Tamén
estivemos na biblioteca e fixemos un debate entre 5ºA e 5ºB.
A
continuación fomos á sala das Letras Galegas onde vimos un pequeno
debate na televisión. Por último visitamos o hemiciclo. Alí
descubrimos que o teléfono do presidente é vermello mentres que o dos demais
dos concelleiros/as era negro. Ademais as cadeiras dos membros do
goberno son azuis mentres que as dos demais membros do hemiciclo son
marróns.
Foi o lugar da visita que máis nos impresionou, é moi bonito!
Ao
saír do Parlamento, déronnos de agasallo un libro. Logo
trasladámonos ao edificio da Xunta de Galiza. Alí a guía
explicounos un pouco da historia da Xunta.
Dentro do edificio,
todas as paredes estaban feitas dun material semellante ao vidro.
Entramos
nunha sala na que se decidía o diñeiro que se ía dar para cada
consellería: sanidade, cultura, educación; e se debaten temas como
por exemplo poñer robótica nos colexios.
A
tecnoloxía era moi futurista: os
ordenadores eran moi modernos, se os comparamos cos do noso
colexio... lévannos como 100 anos de vantaxe!
Despois
ensináronnos os xardíns que tiña o edificio. Pasamos por un
corredor que tiña por todas partes cristal e podiamos ver as
oficinas.
Para
rematar a visita puxéronnos un vídeo dunha youtuber na sala onde o
partido do goberno toma as decisións.
No
autobús, de volta ao colexio, cantamos e pasámolo moi ben. A excursión foi xenial!
Alumnado
de 5º
Ningún comentario:
Publicar un comentario