martes, 30 de abril de 2019

O maio, maíño, maio.


Como é preceptivo, en boa parte de Galicia e Portugal todas as vésperas do primeiro de maio colocamos un ramalliño de xestas nas portas e nos carros ( os coches actuais 😊)
Un equipo de activistas da tradición Galega, e máis alá, repartiron hoxe polas aulas do cole os ramalliños para conmemorar esta festividade do calendario céltico de gran influencia nos países atlánticos.
E como vedes nas fotos, moitas non quixeron perder participar na celebración:







































Segundo conta o antropólogo Rafael Quintía. "Antigamente adornábanse as portas, as xanelas e os carros, pero loxicamente  adaptouse aos  tempos e agora lévana tamén os coches".
"Trátase dunha festa que celebra o esplendor da primavera: os días medran e o tempo é máis benigno. É unha celebración asociada á rexeneración da natureza", explica . É unha festividade máis ligada co ciclo agrario: "Funciona como esconxuradora do mal. Críase que había que collelo antes de que saíra o sol e que protexe a bonanza das colleitas. Dicíase tamén que quen non o poñía pasaba o ano amaiado, apampado, molido". É un rito "protector e propiciatorio".










Os maios e as maias espallando  ramallos










Ningún comentario:

Publicar un comentario