venres, 21 de xuño de 2019
martes, 18 de xuño de 2019
O mellor irmán do mundo mundial.... ten síndrome de Down. Cómic
O EDLG do CEIP Rosalía de Castro conxuntamente co alumnado de PT, traduciron ao galego este texto de Txiki Trepax -editado por Down España e a Fundación Inocente, Inocente-, que naceu para sensibilizar os irmáns máis novos respecto da síndrome de Down e que pon de manifesto os aspectos positivos de ter un irmán ou unha irmá con esta síndrome.
ENLACE AO RECURSO:
martes, 11 de xuño de 2019
Gozamos coa obra "BOAS NOITES"
As nosas mestras e os nosos mestres actuaron no cole para nós, posto que somos un público excepcional.
Que ben o pasamoooosss!
venres, 7 de xuño de 2019
PUBLICAMOS NO ENÓRMIC BANDA!
Os
comics “A casa bonita” de Alicia Cores Iglesias (4º de
EP) e “O Achado” de Manuel Santiago Míguez (3º de EP)
foron seleccionados, conxuntamente con outros 23 traballos, para
seren publicados na revista Enórmic Banda; polo que estes
rapaces asistiron ao acto de presentación da publicación no IES
Miguel Ángel González de Carril. Alí puideron coñecer
persoalmente á artista Afra Torrado e escoitar a Antón
Blanco que lles falou desde Barcelona.
Ao
acto acudiron representantes dos numerosos centros da comarca que
participaron nesta revista; institutos de Cambados, Vilanova de
Arousa, Mosteiro-Meis, Barro e -como non- de Vilagarcía de Arousa.
Alicia
e Manuel foron especialmente destacados neste acto, posto que
foron os únicos de Educación Primaria que -este curso escolar-
participaron na publicación. Dita revista se ven publicando desde o
1996, pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística
dos Institutos do Salnés.
Moitas
grazas a todas/os as/os que enviáche-los vosos cómics, eran
realmente bos; mais por falta de espazo non puideron ser todos
publicados.
Parabéns
aos dous agraciados! Sodes uns artistas!
venres, 24 de maio de 2019
Día das Letras Galegas 2019
No noso cole celebramos o Día das Letras Galegas que é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares galegos, da nosa Rosalía de Castro.
Celebrámolo cantando e tocando, grazas á animación do alumnado de 5º EP, 1º EP e EI.
As nenas e nenos de 6º EP faláronnos da vida de Antón Fraguas, pois este ano o día das letras venlle
dedicado.
Cabe destacar que polo de agora, nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, tan só foron homenaxeadas 4 mulleres fronte a 55 homes. Esperamos que esta situación mude, posto que non dubidamos da valía de todas aquelas escritoras que polo de agora non foron recoñecidas.
martes, 30 de abril de 2019
O maio, maíño, maio.
Como é preceptivo, en boa parte de Galicia e Portugal todas as vésperas do primeiro de maio colocamos un ramalliño de xestas nas portas e nos carros ( os coches actuais 😊)
Un equipo de activistas da tradición Galega, e máis alá, repartiron hoxe polas aulas do cole os ramalliños para conmemorar esta festividade do calendario céltico de gran influencia nos países atlánticos.
E como vedes nas fotos, moitas non quixeron perder participar na celebración:
Segundo conta o antropólogo Rafael Quintía. "Antigamente
adornábanse as portas, as xanelas e os carros, pero loxicamente adaptouse aos tempos e agora lévana tamén os coches".
"Trátase dunha festa que celebra o esplendor da primavera: os días
medran e o tempo é máis benigno. É unha celebración asociada á
rexeneración da natureza", explica . É unha festividade máis ligada co ciclo agrario: "Funciona como
esconxuradora do mal. Críase que había que collelo antes de que saíra o
sol e que protexe a bonanza das colleitas. Dicíase tamén que quen non o
poñía pasaba o ano amaiado, apampado, molido". É un rito "protector e
propiciatorio". Os maios e as maias espallando ramallos
luns, 29 de abril de 2019
mércores, 10 de abril de 2019
CONTACONTOS EN INFANTIL
Os nenos, nenas, nenes,... do noso CEIP puideron desfrutar dos contos con Celtia, co seu novo espectáculo escénico acompañada da monicreque Rosi. A actividade estivo baseada no Audiolibro CANTAMOS? do que Celtia é a autora dos textos.
Tratouse dun espectáculo de monicreques onde Rosi, que é unha gran fan da música e dos contos, fixo de fío conductor para unha morea de historias que lles encantou ao público. Os tres porquiños e o lobo que os quería comer, o marqués de carabás, un gato con botas sen igual,... E moitas máis!!!
A sesión resultou ser unha ferramenta inclusiva e integradora dun xeito lúdico e educativo, estimulando a imaxinación das rapazas e rapaces.
Tratouse dun espectáculo de monicreques onde Rosi, que é unha gran fan da música e dos contos, fixo de fío conductor para unha morea de historias que lles encantou ao público. Os tres porquiños e o lobo que os quería comer, o marqués de carabás, un gato con botas sen igual,... E moitas máis!!!
A sesión resultou ser unha ferramenta inclusiva e integradora dun xeito lúdico e educativo, estimulando a imaxinación das rapazas e rapaces.
CERTAME DE RELATO CURTO
A alumna Mariña Alonso de 5º A participa no VII certame de Relato Curto co seu relato "Cumprindo o meu soño". Moita sorte!
martes, 19 de marzo de 2019
Marcha Mundial polo Clima no cole
Estamos preocupad@s. E non é para menos. As noticias sobre o estado de saúde do noso planeta son cada vez máis preocupantes. Por iso, o pasado 15 de marzo, os alumnos e as alumnas de quinto curso decidimos participar dalgún xeito na manifestación que todos os venres se ven levando a cabo por parte dos estudiantes dos institutos e colexios de Europa.
Aquí tedes un enlace (tedes que clicar) para saber máis: #fridayforfuture
E aquí unhas fotos de como fomos preparando o noso #fridayforfuture
No blog de VozNatura do cole tamén tedes información: VozNatura do Cole de Carril
Aquí tedes un enlace (tedes que clicar) para saber máis: #fridayforfuture
E aquí unhas fotos de como fomos preparando o noso #fridayforfuture
No blog de VozNatura do cole tamén tedes información: VozNatura do Cole de Carril
domingo, 10 de marzo de 2019
Entroido Galego
O Entroido xa rematou, pero os alumnos e alumnas de 5º nivel queren nos mostrar o mapa do Entroido de Galicia no que estiveron traballando.
Aínda quedan moitas máscaras por colocar porque tantas son coma parroquias hai en Galicia ou, polo menos, en Ourense onde se celebra un dos Entroido máis singalures do mundo.
Aínda quedan moitas máscaras por colocar porque tantas son coma parroquias hai en Galicia ou, polo menos, en Ourense onde se celebra un dos Entroido máis singalures do mundo.
E viva o Entroido!
martes, 26 de febreiro de 2019
VISITA AO PARLAMENTO E XUNTA DE GALICIA
O pasado venres 15 de febreiro as alumnas e os alumnos de 5º desprazáronse ata Santiago para visitar o Parlamento e a Xunta de Galicia.
Alí foron recibidos polos guías que lles mostraron as distintas dependencias e o funcionamento destas dúas institucións.
Aprenderon moito das súas funcións e mesmo recrearon debates de varias propostas de lei. Esperemos que pronto sexan aprobadas!😉
Alí foron recibidos polos guías que lles mostraron as distintas dependencias e o funcionamento destas dúas institucións.
Aprenderon moito das súas funcións e mesmo recrearon debates de varias propostas de lei. Esperemos que pronto sexan aprobadas!😉
Deixamos algunhas fotos e esperamos ir poñendo algunhas máis.
luns, 25 de febreiro de 2019
venres, 22 de febreiro de 2019
EEI ENVÍANOS UNHA MENSAXE EN PROL DO GALEGO...
... POIS O GALEGO É UNHA LINGUA MOI MODERNA.
EN GALEGO! XA! SÍ!
xoves, 21 de febreiro de 2019
martes, 12 de febreiro de 2019
BASES DO XXIII CERTAME DE POESÍA “FRANCISCO AÑÓN”
Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en lingua galega. Os textos deberán ser inéditos e non premiados noutros concursos.
Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en lingua galega. Os textos deberán ser inéditos e non premiados noutros concursos.
xoves, 7 de febreiro de 2019
martes, 5 de febreiro de 2019
A escola é un dos primeiros espazos onde o individuo se forma en todo tipo de aprendizaxes e materias entre as que cobran especial relevancia as linguas. Desde as etapas máis temperás o alumnado irá adquirindo unha maior competencia lingüística e mellorando as destezas comunicativas que lle serán fundamentais para o seu desenvolvemento integral, tanto dende o punto de vista académico como persoal. O sistema educativo deberá garantir, logo, o dominio das linguas oficiais de Galicia, galego e castelán, e favorecer o coñecemento de linguas estranxeiras, tan necesario na sociedade multicultural e globalizada en que vivimos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)