Como é preceptivo, en boa parte de Galicia e Portugal todas as vésperas do primeiro de maio colocamos un ramalliño de xestas nas portas e nos carros ( os coches actuais 😊)
Un equipo de activistas da tradición Galega, e máis alá, repartiron hoxe polas aulas do cole os ramalliños para conmemorar esta festividade do calendario céltico de gran influencia nos países atlánticos.
E como vedes nas fotos, moitas non quixeron perder participar na celebración:
Segundo conta o antropólogo Rafael Quintía. "Antigamente
adornábanse as portas, as xanelas e os carros, pero loxicamente adaptouse aos tempos e agora lévana tamén os coches".
"Trátase dunha festa que celebra o esplendor da primavera: os días
medran e o tempo é máis benigno. É unha celebración asociada á
rexeneración da natureza", explica . É unha festividade máis ligada co ciclo agrario: "Funciona como
esconxuradora do mal. Críase que había que collelo antes de que saíra o
sol e que protexe a bonanza das colleitas. Dicíase tamén que quen non o
poñía pasaba o ano amaiado, apampado, molido". É un rito "protector e
propiciatorio". Os maios e as maias espallando ramallos