Día da muller traballadora - Lara Torres
O alumnado de 2º de Primaria fíxolle unha entrevista a unha artista que nos veu a pintar un mural ao colexio. A continuación ímosvos a contar un pouquiño sobre ela:
Lara Torres é de Rianxo, actualmente vive en Santiago de Compostela. Técnico superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso da Coruña e Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Dende sempre enfocou os seus estudos cara as ensinanzas artísticas intentando facer da súa paixón a súa profesión.
Dende pequeniña debuxaba e debuxaba por todas partes incluso nas paredes da casa. En ningún momento abandonou a experimentación en canto a técnicas e modos de aplicar a pintura. Gústalle seguir aprendendo cada día. A miúdo, traballa con técnicas tradicionais pero sempre deixa lugar ás técnicas dixitais coas que tamén se sinte moi cómoda.
Este é o resultado do mural que nos veu a pintar ao colexio, que vos parece?
A nós encántanos!!!!!
Grazas Lara!!!